Actividades en Sandiás contra a violencia de xénero polo 25N

Desde o Concello de Sandiás temos o  placer de informarche sobre o conxunto de actividades que coordinamos con motivo da conmemoración do 25 N, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller.

Os actos co alumnado de Primaria do  leváronse a cabo o luns, 25 de novembro no salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás para o alumnado de Primaria do CEIP de Sandiás, representantes do Concello de Sandiás e veciños e veciñas que quixeron acudir.

  • Lectura do Manifesto Institucional contra a Violencia de Xénero
  • Recordatorio pedagóxico dos murais que sobre este tema hai no concello. O de Piñeira de Arcos co título de “Sandiás pola igualdade”, o das bancadas na aldea de Sandiás, co título de “Nin unha menos” e o do edificio da antiga Cruz Vermella que leva a mensaxe de “compañeiro” e “compañeira”.
  • Ambientación con carteis en contra da violencia contra a muller e bolsa colgante.
  • Visionado da película “20.000 especies de abejas”.
  • Por último fíxose entrega dunha bolsa coas palabras “compañeiro” e “compañeira. En días posteriores farase entrega tamén dun suadoiro de cor malva.

Os actos co alumnado do Punto de Atención Infantil (PAI) e da etapa de Infantil do CEIP de Sandiás desenvolvéronse tamén o 25 de novembro ás 12.00 h. e consistiron nunha I Andaina Conmemorativa do 25N nun percorrido ao redor do PAI e do CEIP de Sandiás no que participaron tamén os educadores e familiares dos nenos e nenas. Fixeron unha pulseira e os educadores compartiron con elas e eles un pequeniño conto dos Bolechas con viñetas. Unha delas dicía “Todos somos iguais e temos que aprender a querernos, respetarnos e coidarnos uns a outros por igual xa dende a infancia”

Con motivo da conmemoración deste día reiteramos o noso absoluto rexeitamento a calquera forma de violencia psicolóxica, física ou sexual, exercida contra a muller. Tamén coas mulleres  e menores asesinados e orfos a consecuenca da violencia de xénero. 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.