Desde o Concello de Sandiás temos o placer de informarche sobre o conxunto de actividades que coordinamos con motivo da conmemoración do 25 N, Día Internacional contra da Violencia contra a Muller.
Os actos levaránse a cabo o Luns, 25 de Novembro entre as 12.30 h ata a 13.30 h no salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás. Ao acto acudirá o alumnado do CEIP de Sandiás e representantes do Concello pero tamén está aberto para calquera veciño e veciña que queira participar.
- Lectura do Manifesto Institucional contra a Violencia de Xénero
- Ambientación con carteis en contra da violencia contra a muller e suadoiros malvas con mensaxe
- Visionado da película “20.000 especies de abejas”. Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
- Por último faráse entrega dun suadoiro de cor malva.
Con motivo da conmemoración deste día reiteramos o noso absoluto rexeitamento a calquera forma de violencia psicolóxica, física ou sexual, exercida contra a muller. Tamén coas mulleres e menores asesinados e orfos a consecuenca da violencia de xénero.
O Concello de Sandiás reivindica a igualdade e a loita contra a violencia de xénero a través do visionado dunha película de xénero dramático onde Cocó, de oito anos, non encaixa nas espectativas do resto e non entende por que. Todos ao seu arredor insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais.
Súa nai Ane, sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus fillos á casa materna, onde reside súa nai Lita e súa tía Lourdes, estreitamente ligada á cría de abellas e á produción de mel. Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e temores.