Actualización do estado da implantación da fibra óptica no Concello de Sandiás

Instalación da fibra óptica no Concello

O Concello de Sandiás segue a traballar, en colaboración co Goberno Autonómico e Central, para que a fibra óptica sexa unha realidade no Concello. O alcalde, Felipe Traveso, mantivo novas conversas cunha representante de Movistar que o informou dos avances da implantación da fibra óptica no Concello.

O rexidor informa de que xa existe fibra óptica en servizo nas aldeas de A Fontela, Arcos, Piñeira de Arcos, Sandiás, Coalloso, Couso de Limia, Vilariño das Poldras, Santa Ana e A Ladeira. Nestas aldeas xa se pode instalar fibra óptica con calquera operador de internet.

Por outra banda, están en proceso de instalación de fibra óptica en A Chousela, A Corga e A Lavandeira. Según informa o alcalde, nestas aldeas a fibra óptica poderá instalarse nos domicilios antes de que finalice o mes de febreiro de 2021, debido a incidencias que imposibilitan a conexión da rede en dita zona.

Ademáis, está pendente o informe de enxeñaría na aldea de Cerredelo é en canto o teñan tamén se poderá instalar a fibra. Está pendente de adxudicación nas aldeas de Cardeita e As Pegas.

Por último, quedan as aldeas de O Castro, Zadagós e Novaíño, que aínda non saíron a concurso e, polo tanto, non hai adxudicación do servizo, pero agardase máis pronto que tarde poder levar a fibra óptica a ditas aldeas.

Segundo informa o alcalde, o máis custoso é estender as redes de alimentación e transporte. Unha vez instaladas, as redes de distribución que dan servizo aos domicilios particulares son máis rápidas e económicas.

É unha gran noticia que en breve xa podamos dispoñer deste servizo imprescindible tanto para o lecer como para romper as barreiras que limitan laboral e tecnolóxicamente ao mundo rural. Ante calquera novidade seguiremos informando.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?