Ade viais nas parroquias de piñeira de arcos e Sandiás cun presuposto de preto de 60.000 euros

Nesta intervención de mellora fruto das aportacións do Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Ourense (CooperOU), cun presuposto de 55. 642, 70  Euros, contemplouse a intervención sobre unha vía asfaltada preto do núcleo de Piñeria de Arcos nas inmediación da aldea de Arcos, vía preto do núcleo de Zadagós, pista dende as inmediación da Lavandeira cara a vía denominada Estrada de Piñeira de Arcos a Lagoa de Antela, pista dende as inmediacións do núcleo de Cardeita ata o Campo das Poulas e pistas que conectan Cardeita coa Lagoa de Antela. A empresa adxudicataria das obras foi Proyectos y Contratas Covelo S.L.

Nas zonas anteriormente citadas leváronse a cabo desbroces e retirada de vexetación herbácea,  limpeza de foxos con motoniveladora, escarificado, refino e planeo de camiño e base de zahora artificial.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende seguir mantendo a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do mantemento e renovación de infraestruturas básicas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.