No marco do Programa de Dinamización Socio-Comunitaria do Concello de Sandiás, Fernando Gándara Gándara, Master en Criminalística e Conselleiro Superior en Ciencias Forenses pola UAB, impartirá unha charla-obradoiro sobre benestar e seguridade no mundo rural enfocada a todos os veciños e veciñas. Será o Xoves, 27 de Xuño de 17.00 h-18.00 h no Salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás.
Nesta charla práctica, impartida por Fernando Gándara, experto que traballa sobre o terreo e dispón de gran experiencia, responderá ás preguntas que lle preocupan ao público e entre outros temas falará sobre:
- Recomendacións e medidas prácticas para evitar un roubo na casa.
- Prevencións e riscos na internet.
- Como reaccionar ante chamadas telefónicas de descoñecidos, estafas, timos e ameazas máis frecuentes en relación coas persoas e as súas propiedades.
- Medidas ante a desaparición dunha persoa. Persoas que viven soas.
- Aspectos prácticos de seguridade nas nosas vivendas ante roubos, ladróns que entran na casa.
- Teléfonos de referencia que hai que ter a man.
- Rutinas a poñer en práctica na vida diaria.