Anuncios de axudas e subvencións concedidas ao Concello de Sandiás: Risga, Aprol Rural, Cultura no Camiño e limpeza das marxes das redes viarias municipais

O Concello de Sandiás vén de recibir diferentes axudas e subvencións, que se expoñen a continuación:

  • A Deputación Provincial de Ourense concedeu ao Concello de Sandiás, ao abeiro das bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e Mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial para o exercicio 2021, publicadas no Boletín Provincial do 17 de decembro de 2020, unha axuda por importe 4500 €.

  • A Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 12 de abril de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en risco ou exclusión social perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), concedeu unha axuda ao Concello de Sandiás para a contratación de dous peóns por importe de 20618,28 €.

  • A Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 12 de abril de 2021, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural), concedeu unha axuda ao Concello de Sandiás para a contratación de tres peóns forestais por importe de 41236,56 €.

  • A Axencia Galega de Industrias Culturais concedeu ao Concello de Sandiás un importe de 6000 € de axuda para o fomento de artes escénicas e musicais con motivo do Xacobeo 2021-2022: Cultura no Camiño.

O cartel do Programa Aprol Rural está colocado no Campo de San Nicolás, moi preto do edificio Concello de Sandiás

Cartel colocado no Campo de San Nicolás, preto do edificio do Concello

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.