Apertura do prazo de reserva de praza e solicitude de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás para o curso 2025/2026.
Infórmase ás familias interesadas de que o prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 16 de marzo ata o 16 de abril de 2026, ambos incluídos.
As solicitudes deberán presentarse nas oficinas do Concello de Sandiás, en horario de 9:00 a 14:00 horas, acompañadas da documentación requirida relativa á situación familiar, económica e demais circunstancias que poidan ser valoradas no proceso de admisión.
Para máis información ou para recoller o modelo oficial de solicitude, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais.