Apertura dunha bolsa de contratación urxente para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

O Concello de Sandiás aprobou, mediante Decreto da Alcaldía nº 2026-0432, de data 27 de xullo de 2026, a apertura dunha bolsa de contratación urxente para cubrir 1 praza de peón destinada á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Esta convocatoria realízase ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Sandiás para o desenvolvemento de actuacións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2025-2026.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 día hábil desde a publicación do anuncio no Taboleiro de Anuncios Electrónico e Físico do Concello de Sandiás. Así mesmo, establécese un prazo de 1 día hábil para a emenda da documentación presentada.

As solicitudes deberán axustarse ás bases de selección aprobadas por Decreto da Alcaldía do 19 de maio de 2025, que poden consultarse na Sede Electrónica e no Taboleiro de Anuncios do Concello de Sandiás.

As persoas interesadas poden consultar o decreto completo e a documentación da convocatoria a través dos medios oficiais do Concello.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.