Arrinca a segunda edición do Programa Rosalía nos concellos da Limia

O Programa Rosalía bota a andar de novo nos concellos de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga e Sandiás. Esta iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia e polos fondos europeos, aposta pola formación e o acompañamento integral das mulleres do rural.

Trátase dun programa pensado para ofrecer apoio xurídico, psicolóxico e laboral a través de profesionais especializadas e de recoñecida traxectoria. Ademais do asesoramento personalizado, inclúe accións para o apoderamento persoal, a mellora da saúde mental e física, e espazos formativos onde as participantes poden adquirir ferramentas para avanzar na súa vida persoal e profesional.

Esta segunda edición é tamén un exemplo de colaboración entre catro concellos da comarca da Limia, que unen esforzos para achegar oportunidades a mulleres que, moitas veces, non teñen acceso doado a este tipo de recursos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.