♀️ Esta é a terceira edición do proxecto, cofinanciado pola Xunta de Galicia e polos fondos europeos.
♀️ O programa, dirixido por profesionais cualificadas e de recoñecida traxectoria nos seus ámbitos nos concellos de #XunqueiradeAmbia, #VilardeBarrio, #RairizdeVeiga e #Sandiás.
♀️ Trátase dun programa de atención a mulleres no que se combina a formación co asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral, e con accións de apoderamento e mellora da saúde psíquica e física das participantes.
♀️ O proxecto, exemplo de cooperación entre catro concellos da mesma comarca, achega ferramentas ás mulleres do rural, moitas veces esquecidas e ás que non se lle ofertan o mesmo tipo de servizos e actividades que ás mulleres que viven es zonas máis urbanas.
♀️ Desde unha perspectiva feminista, profesionais cualificadas e de recoñecida traxectoria nos seus ámbitos asesorarán ás usuarias en materia xurídica, psicolóxica e laboral, así como na comunicación oral, no manexo de redes sociais, na saúde, ioga ou mindfullnes, na autoestima ou na sexualidade.
♀️ Tamén se inclúen obradoiros centrados na cultura a través de obradoiros de lectura e escritura, ademais de espazos de debate e reflexión arredor de temas esenciais como a violencia de xénero ou a trata e explotación de mulleres.
♀️ O Programa Rosalía é totalmente gratuíto e está aberto ás mulleres destes concellos.
♀️ No bloque laboral, as profesionais traballarán coas participantes a capacitación, o autoempleo, o emprendemento e a inserción laboral, así como as habilidades de comunicación. O Programa Rosalía volve contar coa colaboración de empresas ourensás para axudar á inserción laboral das participantes que o desexen.
♀️ Aquelas #persoasinteresadas en formar parte do proxecto poden poñerse en #contacto cos seus respectivos #Concellos, que lle facilitarán a información necesaria para inscribirse.
♀️ Si alguén precisa de axuda xuridica ou psicolóxica do programa Rosalia pode falar con #Mónica, #traballadorasocial do concello ou directamente no teléfono da #RedeTalento: 685211882