As mulleres nas letras, dende Rosalía ata as cantareiras: narración oral, música e novas tecnoloxías no PAI e no CEIP de Sandiás

O próximo martes 20 de maio ás 10.30 h no Punto de Atención Infantil de Sandiás e ás 12.30 no Ceip de Sandiás os nenos e nenas disfrutarán dun espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combina narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías cunha expléndida didáctica coa finalidade de exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas, facendo especial fincapé nas Cantareiras e o cancioneiro popular.

Iniciase a homenaxe con Rosalía de Castro. Os seus versos, cheos de emoción e reflexión. Francisca Herrera Garrido abriu camiño para as mulleres na literatura. María Mariño, cunha conexión íntima coa terra e o mar galegos, deixou unha pegada única na nosa literatura. Lembramos tamén a María Victoria Moreno, unha narradora infatigable. Xela Arias, coa súa poesía revolucionaria e comprometida, logrou liberar a palabra galega e situar a lingua no corazón. Luísa Villalta, coa súa paixón polo teatro e a poesía, entre outras.

Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura, na música e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.