As obras de peche e ampliación do pavillón polideportivo de Sandiás avanzan a bo ritmo

O peche e a ampliación son froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; a Secretaría Xeral para o Deporte; a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás.

O investimento ascende a preto de 400.000 euros. A empresa contratista que está a levar a cabo as obras é Construccións Emi-Álvarez, S.L.

O polideportivo, ademais do peche e da ampliación, contará con duchas, vestiarios e un ximnasio. A finalidade da obra é favorecer un uso polivalente por parte dos rapaces do Punto de Atención Infantil, do CEIP de Sandiás e da veciñanza das distintas aldeas do concello.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?