Dende o Concello de Sandiás informamos que está aberto o prazo para solicitar as axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, convocadas pola Xunta de Galicia.
👉 Dirixidas a persoas físicas propietarias ou usufructuarias de inmobles que desexen actuar sobre fachadas, cubertas ou muros de peche.
💶 Ata o 70 % do investimento subvencionable, cun máximo de 3.000 € por solicitante.
📅 O prazo de solicitude vai do 16 de xaneiro ás 12:00 h ao 16 de febreiro de 2026 ás 23:59 h.
ℹ️ Máis información e apoio na tramitación dispoñible nas oficinas municipais.