Axudas para a adquisición de vivenda do Plan 2018-2021

Comunícase a todolos veciños que no DOG do día 2 de febreiro publicaronse as bases que regulan as axudas para adquisición de vivenda do Plan 2018-2021.

Beneficiarias: persoas físicas maiores de idade que tendo menos de 35 anos na data de presentación da solicitude reúnan os seguintes requisitos:

  • Posuir nacionalidade española ou, no caso de seren extranxeiras, ter a residencia legal en España.
  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples.
  • Ter suscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado, de ser o caso unha escritura pública de adquisición dunha vivenda:
    a) Localizada nun concello de menos de 5000 habitantes.
    b) Que o prezo da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ella, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
    c) Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estos efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

 

Prazo: Desde o día 3 de febreiro ata o 1 de setembro de 2021 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?