Búsqueda, preparación, cociña e aprendizaxe coa asociación «Os Cogordos» nas VI Xornadas Micolóxicas en Sandiás

Estades preparad@s? Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. ¿Sodes quen de atopalos e identificalos? Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos?. Así desafiaba o concello de Sandiás a súa veciñanza para invitalos as VI Xornadas Micolóxicas do 20 de Outubro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos» (Ourense).


Os destinatarios foron os veciñ@s que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 9.00 horas do Domingo 20 de Outubro. Grazas aos 25 veciñ@s que acudiron a cita pertrechados de roupa e calzado apropiado, navalla, cesto e aperitivo e aos que por diversas circunstancias non puideron asistir e teñen asistido todos estes anos pasados. Houbo un pouco de todo: boa compaña, fatigas, disfrutar do bo tempo e alegría por cada encontro das preciadas setas, que por momentos, ofreceron sorpresas inesperadas.


O encontro desenvolveuse ao longo de toda a mañá e parte da tarde. Pola mañá saímos ao monte a recollida. A continuación, seguiu a limpeza e preparación e cociñado dos cogomelos. Contamos tamén coa presenza de Xosé Carlos que nos preparou un expléndido “risotto de boletus”. Por último, no monte e no local social de Sandiás coa espléndida e experimentada asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un espontáneo faladoiro sobre a identificación dos cógemelos e as súas características, perigos de intoxicación etc.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?