Deixámosvos aquí un álbum de fotos da III Semana Micolóxica.
«Xa estamos no outono! Estades preparad@s? Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. Sodes quen de atopalos e identificalos? Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos?»
Así desafiaba o concello de Sandiás á súa veciñanza para invitalos as III Xornadas Micolóxicas do 13 de novembro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos» (Ourense).
Os destinatarios foron os veciños e veciñas que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 09:00 horas do sábado. Grazas aos 20 veciños que acudiron a cita pertrechados de roupa e calzado impermeable, navalla, cesto e aperitivo. Houbo un pouco de todo: boa compaña, caídas, combatir a néboa, fatigas, desconcerto e alegría por cada encontro das preciadas setas, que nesta tempada, foron escasas.
O encontro desenvolveuse ao longo de todo o día. Pola mañá saímos ao monte de recollida e tamén aproveitamos para recoller o lixo tirado no monte. A continuación continuouse coa limpeza e preparación e cociñado dos cogomelos. Por último, coa espléndida e experimentada asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un espontáneo faladoiro de case unha hora sobre a identificación dos cógemelos e as súas características.