O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento “Concilia 2026” para este verán. As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do concello. Todas estas actividades serán desenvolvidas dende o 22 de Xuño ata o 4 de Setembro, en horario de 9:00 h- 14:00 h.
A sede será o Polideportivo do Concello de Sandiás. Dende as 8:00 poderán deixarse os nenos e as nenas e recollelos as 14.30 h.
As solicitudes pódense facer no concello do 10 ao 18 de Xuño en horario de 9-14:00 h.
Prezo do campamento:
👉 Do 22 de Xuño ao 31 de Xulio: 25 Euros
👉 Do 1 de Agosto ao 4 de Setembro: 25 Euros
👉Ambos períodos: 50 Euros
Moita actividade prácticamente toda ao aire libre. Trátase dun programa didáctico de múltiples actividades de tempo libre e de promoción cultural destinado a poboación infantil e xuvenil durante os meses de verán que ten como finalidade favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e posibilitar a aprendizaxe dun lecer activo. A organización das actividades cada día da semana viran ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: actividades de acollida, xogos de distensión, coreografías, xogos populares, escape room, excursión, contacontos, actividades relacionadas co consumo responsable, manualidades, globoflexia, malabares, karaoke, xogos cooperativos, música tradicional e moderna, baile e actividades de despedida.
Atelier Social pon a disposición persoal coa formación requerida na convocatoria e para o correcto desenvolvemento das actividades así como materiais didácticos e equipamento necesario. O campamento ponse en marcha cun equipo pertencente a entidade que xestiona proxectos sociais, Atelier Social.