Xa por cuarta vez consecutiva, a xornada do mércores 3 de agosto do Campus Arco desenvolveuse nas pistas do complexo polideportivo da aldea de Couso de Limia, no Concello de Sandiás. En primeiro lugar realizouse ante a fachada do Concello como é tradicional, a fotografía de todos os participantes do Campus.
A continuación as actividades desenvolvéronse en Couso de Limia con competicións de 2×2 e 3×3 de baloncesto, disputando o II “Torneo Vila de Sandiás”. A xornada continuou coa presentación de Seydou Aboubacar Hima, estrela do baloncesto e que actualmente é xogador do COB Ourense.
Posteriormente disfrutouse dunha comida a base de salchichas e hamburguesas co Alcalde, Felipe Traveso aos mandos da grella, seguida de momentos de descanso e convivencia na fermosa carballeira na chamada praza Arroteas.
Pola noitiña, xa non campo base do Ceip de Sandiás puxeron final o intenso día cunha velada colectiva.