Cando esteas aburrido colle un libro meu amigo e todo pode suceder. Gozando do “libro máxico” interpretado polo Teatro Migallas

O pasado sábado 20 de Xullo pola tarde comezou a función de teatro “O Libro Máxico” no salón de actos do Concello de Sandiás, un espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas coas súas familias. A pesar de ser poucos participantes gozamos da obra e dámosvos as grazas pola implicación.

Neste comezo da programación de verán no Concello de Sandiás, este teatro familiar combinou narración oral, música en directo e  teatro co obxectivo de animar os rapaces e rapazas e as familias a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Ademáis tratáronse indirectamente temas como as emocións, as relacións familiares, o compañeirismo, o consumo e a importancia da imaxinación na vida diaria en relación co tempo de lecer.

Contouse a historia de Rosiña, unha meniña que tenia que quedar soa na casa facendo os deberes por culpa dun imprevisto que lles xurdiu aos pais. Como as tarefas lle resultabn aburridas, investiga nun bául onde os pais gardaban moitas cousas relacionadas coa pintura. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel mergullándose na aventura de piratas que está escrita no libro.

A compañía de teatro busca facer un teatro comprensible, crítico e entretido, provocando a implicación directa do público.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?