Cartografía dixital do rueiro e elaboración e colocación de novas placas de identificación nas aldeas do concello de sandiás cun presuposto de preto de 14.000 euros

O sistema de numeración municipal e a súa sinalización constitúen unha ferramenta  de gran interese para o ordenamento urbano, tanto para o cidadán como para as administracións públicas, cumprindo con varios cometidos: ubicar e identificar mellor as dirección, elaborar censos electorais, servir de apoio a servizos urbanos como correos, paquetería; de axuda para operadoras de telecomunicacións, servizos de emerxencias, para confeccionar padróns fiscais, recollida do lixo, entre outros. Ademais, a numeración municipal do Concello de Sandiás, está en soporte papel e a sinalización sobre os propios inmobles e irregular, e non corresponden a un modelo homoxéneo.

Por todos estes motivos cobra gran importancia para un Concello a correcta sinalización mediante a numeración municipal de cada un dos inmobles, así como a utilización dunha ferramenta moderna como é un Sistema de Información Xeográfica (SIX) para a súa consulta ou edición (asignación de números, correccións, delimitación de Parroquias e Barrios, etc. O proxecto SIX poderá servir tamén como proxecto base para incorporar información dixitalizada como inventario municipal e redes luminarias.

Procedeuse a creación dun proxecto SIX coas distintas capas de información como cartografía actualizada do catastro, ortofotografia recente, preferiblemente a do PNOA, deliminación das parroquias e barrios segundo datos municipais.

Unha vez finalizados os traballos de dixitalización confeccionouse un listado das vías e números municipais para proceder a elaboración das placas, subministro e posterior colocación. O resultado será de unhas aproximadamente 1.100 placas. As placas de sinalización de números serán de PVC e cunha rotulación do número municipal, rúa, parroquia a que pertence, escudo e nome do Concello. Posteriormente procedeuse  a colocación das placas de sinalización nas fachadas dos inmobles.

O alcalde da localidade, Felipe Traveso destacou a importancia desta iniciativa afirmando que “o máis importante é que os veciños poderán ter unha dirección clara e oficial na vivenda a efectos de calquera notificación coas administración ou de carácter privado así como dar unha resposta máis rápida ante calquera problema de seguridade cidadá”.

Os traballos descritos, realizáronse cun presuposto de 13.915 Euros I.V.E. incluído. A Deputación de Ourense aportou  6.957,50 euros e o resto achegouno o Concello de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?