Cea de xubilación de Obdulia e Consuelo, traballadoras no Concello de Sandiás e algunha que outra sorpresa

O pasado venres 23 de maio tivo lugar a cea de xubilación de Obdulia e Consuelo traballadoras durante moitos anos no concello de Sandiás. Estiveron acompañadas dos seus compañeiros e compañeiras. Unha boa ocasión para gozar da gastronomía e sobre todo da compañía e da alegría dos pequenos e grandes momentos compartidos.

Cando un traballo se fai por vocación é menos traballo e iso é o que se demostra tamén cando desfrutas do teu labor. Así o fixeron Obdulia e Consuelo no día a día en Sandiás. Agora tócalles descansar e desfrutar máis ainda da vida.

Ata este momento, despois dunha longa traxectoria, elas traballaron para os demais e agora toca coidarse e consentirse a unha mesma. E nós coas súas testemuñas quedámonos coa máxima de que un traballo é menos traballo se fas o que che gusta.

A corporación e traballadores do Concello de Sandiás agradécenlle os seus anos de servizo realizado con mimo e competencia e deséxanlle o mellor na súa nova etapa da súa vida persoal.

Feliz xubilación, Obdulia e Consuelo!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?