Charla do médico de Sandiás D. álvaro de Castro. «Falando en prata» sobre as xestións nos centos de saúde, a sanidade, o coidado da saúde persoal e a importancia da medicina preventiva

Grazas ás preto de 45 persoas que participaron o pasado xoves, 30 de Maio, na 1ª sesión da charla por iniciativa do Dr. Álvaro de Castro, médico titular de Sandiás sobre as xestións non ámbito da sanidade, dúbidas sobre analíticas e probas diagnósticas e importancia da medicina preventiva.

No marco do Proxecto de Dinamización Socio-Comunitario do Concello de Sandiás levado a cabo pola concellería local de Xustiza e Participación Cidadá,  levouse a cabo entre o Concello e o Centro de Saúde de Sandiás, esta terceira charla-obradoiro.

O doutor Álvaro Castro comezou indicando que os anos que veñen na sanidade teñen mala pinta polas listas de espera, entre outras cousas. Servizos que van mal como trauma, uroloxía, rehabilización… Animou a xente a que faga queixas ou reclamacións se as cousas van lentas e non adoptar unha actitude pasiva de forma que se poidan correxir as deficiencias.

Puxo de manifesto que non hai lista de espera no centro de saúde de Sandiás porque se xestiona unha axenda de maneira axeitada aínda que en ocasións, fala da atención a 52 pacientes nunha mañá. Insistiu en non abusar das demandas a domicilio e que saibamos valorar cando o médico debe acudir ao mesmo: “non se pode acudir a un domicilio por unha posible urxencia e atopar o paciente cavando na horta”. Así mesmo, indicou que non se debe abusar dos PAC: “se te mancaches nun dedo e non é grave, podes esperar e acudir tranquilamente ao centro de saúde da localidade”.

Comentou que recentemente se lle ten presentado o caso  de  persoas diabéticas que levaban dous anos sen facer unha analítica. Aclarou as diferenzas entre enfermidades agudas e crónicas e que a diabétes é unha enfermidade crónica e debe facerse un seguimento estrito de modo que debemos ser  responsables da nosa saúde persoal e non trasladarlle o médico a responsabilidade.

Por último resaltou a importancia da medicina preventiva,  anticipándose aos problemas. Invitou a que a xente se faga un cribado por exemplo, de colón se se recibe información para facelo.

O próximo día na segunda sesión (xoves, 6 de Xuño, 17.00 h-18.00 h no Salón de Actos do Concello de Sandiás), falará sobre termos médicos e de enfermidades e medicinas para que o enfermo e o médico se entendan mellor na consulta.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?