CHARLA DO XEÓLOGO EDUARDO GONZÁLEZ NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA DE ANTELA: BREVE HISTORIA XEOLÓXICA DA CONCA SEDIMENTARIA DA LIMIA. Como a xeoloxía inflúe nas augas subterráneas da zona

CHARLA DO XEÓLOGO EDUARDO GONZÁLEZ NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA DE ANTELA: BREVE HISTORIA XEOLÓXICA DA CONCA SEDIMENTARIA DA LIMIA.

Como a xeoloxía inflúe nas augas subterráneas da zona

 

O venres 15 de Agosto ás 20.30 h no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela no Concello de Sandiás, o xeólogo Eduardo González Clavijo impartirá unha charla sobre a “Breve historia xeolóxica da conca sedimentaria da Limia e como a xeoloxía inflúe nas augas subterráneas da zona”. As rocas que atopamos na zona formáronse fai uns 300 millóns de anos, mentres que o relevo actual e os sedimentos que enchen a zona comezaron a formarse fai uns 70 millóns de ano. Todo isto marca o comportamento dos acuíferos da zona e explica dende unha perspectiva xeolóxica como os materiais sedimenarios que enchen a conca terciaria da Limia inflúen na contaminación por materia orgánica do río Limia augas abaixo desta zona.

 

Eduardo González Clavijo é xeólogo e leva máis de 10 anos divulgando a xeoloxía de Galicia. Traballa para a Sociedade Xeolóxica de España e outras entidades e empresas do sector. Recentemente publicou en Baía Edicións o libro «Como se formou esta paisaxe?. Xeoloxía de Galicia«, libro divulgativo sobre a xeoloxía de Galicia.

Os asistentes podrán adquirir exemplares deste libro divulgativo no propio Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.

Inscrición chamando ao Concello de Sandiás (Tlf: 988 465 001  ) ou ben facelo no correo electrónico: culturaeturismo@sandias.es (indicar nome, lugar e teléfono).

Foto do xeólogo Eduardo Glez: Pablo Glez Prieto

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?