Charla informativa no Concello de Sandiás sobre a nova Política Agraria Común (PAC) 2023-2027

O mércores día 23 de novembro de 2022, en horario de 10:00 a 14:00 horas, celebrouse unha reunión informativa sobre o contido da PAC 2023-2027 na Casa de Cultura do Concello de Sandiás. Nas charlas sobre a PAC 2023-2027, falouse dos cambios deste período, especificando os requisitos e condicionantes para cobrar as novas axudas. Participaron aproximadamente 30 veciños e veciñas que traballan no ámbito agro-gandeiro.


A Comisión Europea ten aprobado o Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) 2023-2027 presentado por España. Unha PAC que pretente ser “máis xusta, máis sostible e máis social e que dispoñerá do orzamento e as ferramentas necesarias para avanzar cara a unha agricultura máis innovadora e dixital, co foco posto na substitución xeracional”, segundo o ministerio.


Así mesmo, o goberno traballou nos cambios legais que acompañan ao Plan Estratéxico: 18 reais decretos e unha lei, para que a nova Política Agraria Común (PAC) entre en vigor o 1 de xaneiro de 2023.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.