Preciosa película premio ao mellor filme de animación que narra as vivencias dunha meniña con síndrome de Down que reside na capital ourensá e soña con ser trapecista. Unha historia de inclusión e diversidade que nos convida a non perder nunca a ilusión.
Valentina naceu, entre outras cousas, da vontade de visibilizar a realidade dun colectivo que quere ser artífice da súa propia mensaxe no camiño á plena cidadanía. En primeira persoa, a película conta, en clave fantástica, a maneira na que unha nena con síndrome de Down, aprende, relaciónase e evoluciona, non porque experimente unha transformación, senón porque se coñece a si mesma.
🗓 Sábado, 12 de xullo
⏰ Ás 21:00 h. Duración: 50 minutos
📍 Salón de Actos, Casa de Cultura (Sandiás)