Comeza a primeira limpeza das áreas recreativas das distintas aldeas do Concello de Sandiás

Limpeza das áreas recreativas das aldeas do Concello

Dende finais do mes de maio teñen actuado os operarios do Concello e tamén o “Obradoiro de Emprego Peregrino” (Xinzo-Sandiás) realizando labores de limpeza, especialmente nas áreas recreativas das distintas aldeas do concello que son os espazos públicos que máis utiliza a veciñanza para o lecer. Chegado o verán, nenos e nenas xogan nestes lugares e os adultos comezan os paseos e descansan e charlan nas súas sombras así como tamén para darlle un paseo aos cans.  Por iso téntase que poidan gozar destes espazos nas mellores condicións  posibles.

Fíxose unha primeira limpeza nas área recreativas por parte dos operarios do Concello na Lavandeira, A Chouselsa, Piñeira de Arcos, xardíns ao carón da Casa do Concello, patio do Ceip e Pai de Sandiás, Zadagós,  A Fontela, Arcos e ao espazo que rodea a ermida de San Bieito da Uceira. Nos próximos días continuará co resto das zonas pendentes de limpeza.

Limpeza da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas

Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar que a  Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros. A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas e como indica o bando do concello “perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edifiacións destinadas a personas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor de edificación silladas destinadas a persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros  do  monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira, como o eucalipto ou varias variedades de pino, entre outras.

 Estes requisitos deberán cumprirse antes de que remate o mes de maio de cada ano.

O Concello de Sandiás lembra que está dispoñible un visor interactivo en liña, habilitado pola Xunta de Galicia, onde se poden consultar as franxas de xestión obrigatoria de biomasa no noso termo municipal.

Consulta e infórmate das túas obrigashttps://mapas.xunta.galvisores/faixas/

Polo tanto recordámoslle e animamos a veciñanza a obriga legal da limpeza das fincas e terreos e cumprir coas medidas de prevención de incendios. Como se indica no bando emitido polo concello, éste poderá impor multas polo seu incumprimento. Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e roza das áreas de biomasa da contorna dous núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás).

Deixámosvos un álbum de fotos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?