Nesta semana, no ecuador do mes de xullo, deron comezo as obras de arranxo da estrada entre a aldea de As Pegas e a de Cardeita no Concello de Sandiás. Ditas obras atópanse ao amparo dunha resolución pola que se fai pública a relación de axuda ao Concello de Sandiás pola cantidade de 40401 €, no ámbito do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
A obra foi licitada e adxudicada á empresa TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL. A finalidade desta actuación é mellorar a capa de rodadura e executar a limpeza das cunetas coa finalidade de mellorar a calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase a obra co asfaltado da estrada.
Nun bando publicado polo alcalde Felipe Traveso relacionado con esta obra, danse instruccións concretas de evitar tapar as cunetas impedindo a circulación das augas por elas, así como no caso dos accesos as fincas, realizalos mediante alcantarillas e tubaxe de polo menos 50 centímetros.