Actuacións do tractor desbrozadora
Dende o mes de maio ten actuado un tractor desbrozadora cedido pola consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia realizando desbroces preventivos de cunetas por todo o concello.
Actuacións das Brigadas de Limpeza e do Obradoiro de Xardinería no interior dos núcleos de poboación e inmediato comezo das Brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais
Están traballando brigadas de limpeza polas aldeas dos núcleos de poboación do concello. Unha delas en base ás subvencións concedidas por Aprol (fomento do empleo no medio rural). Adicados especialmente a limpeza de beirarúas, cunetas e outros espazos públicos no interior dos aldeas. Tamén está realizando labores de limpeza o Obradoiro de Xardinería posto en marcha en colaboración co Concello de Xinzo de Limia.
Tamén están aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais (convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinandiado con fondos FEADER), cun total de dez prazas (8 traballadores/as como peóns/as e dous traballadores/as como xefes/as de Brigada).
Limpeza da contorna das casas, das áreas de biomasa da contorna das aldeas e IV Semana do Medio Ambiente adicada á recollida do lixo
Respecto a limpeza na contorna das vivendas cómpre lembrar e animar a veciñanza a que se leve a cabo nos prazos establecidos pola lei. Cada ano que pasa apréciase sensibilización crecente na limpeza e desbroce pola iniciativa dos particulares. Hai que seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e desbroce das áreas de biomasa da contorna dos núcleos de poboación, tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás). Por último, destacar a celebración da IV Semana de Medio Ambiente adicada a recollida voluntaria de lixo. Este ano 2023 recolléronse aproximadamente 800 quilos de lixo maior nos montes e menudo polas cunetas e beirarúas das aldeas de A Chousela e A Corga. Tamén contamos coa colaboración entusiasta dos nenos e nenas do PAI de Sandiás.
Deixámosvos un pequeño álbum de fotos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.