«Como hei vivir mañán sin a luz túa»: a dozura de Mallou na Torre do Castro en Sandiás

Unha noite preciosa, a dozura da interpretación de Mallou (Sabela e Benxamín) e unha contorna marabillosa. Grazas a Mallou por facernos disfrutar dunha noite maravillosa e grazas  ás 70 persoas que formaban parte do público asistente ao espectáculo musical. 

Sabela Rey e Benxamín Vázquez son 𝐌𝐚𝐥𝐥𝐨𝐮, un proxecto musical que nace en Boiro e bebe do country, o blues e o soul para  ensalzar a música tradicional  galega.

Un grupo que comeza con forza, inspirados en persoas achegadas como o avó de Sabela, gaiteiro maior de Galicia ao que debe o nome “Mallou”,  musicando poemas da súa avoa con temas emanados dunha vida de emigración e do seu propio pai. Outros temas interpretados foron máis persoais como os inspirados na bica e nunha canción protesta contra o caso de “A manada”.

Na parte final do concerto, destacan cunha interpretación impresionante de temas de autores e músicos consagrados como Rosalía de Castro, Narf, Amancio Prada ou Suso Vaamonde. Pecharon o espectáculo cun tema costeiro, A Rianxeira.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?