COMUNICADO DO ALCALDE FELIPE TRAVESO A PROPÓSITO DA VAGA DE INCENDIOS EN GALICIA, PROVINCIA DE OURENSE E COMARCA DA LIMIA

COMUNICADO A PROPÓSITO DA VAGA DE INCENDIOS EN GALICIA, PROVINCIA DE OURENSE E COMARCA DA LIMIA

O Concello de Sandiás expresa a súa solidariedade con todos os veciños, veciñas e comunidades urbanas e rurais afectadas polos lumes que están a asolar a nosa provincia e comarca da Limia, causando danos moi importantes que afectan a vida das persoas, ao medio ambiente e a obxectos materiais.

 

Fago unha chamada á responsabilidade da veciñanza para que se tomen precaucións e tamén fago un chamado a quen teña disponibilidade para colaborar onde sexa necesario pero sempre en coordinación coas indicacións das autoridades competentes.

 

O noso Concello de Sandiás atópase como moitos outros en alerta permanente e  tamén está a prestar axuda alí onde se nos solicita a través das Brigadas contra Incendios. Prego aos veciños e veciñas que ante calquera sinal de lume ou situación sospeitosa, se comunique de inmediato a través dos seguintes teléfonos: 112 (emerxencias) 085 (incendios forestais) e 988 4650 01 (Protección Civil de Sandiás).

 

Moitas grazas.


Felipe Traveso García

Alcalde do Concello de Sandiás

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.