CONCELLO DE SANDIÁS, NO VÍDEO DAS FURGOTECAS DE GALICIA
Descubre o vídeo das Furgotecas de Galicia que foi presentado no Congreso de Furgotecas.
No vídeo está presente o noso Concello de Sandiás, coa participación do #concelleiro de Cultura, #PepeGándara, da #Casa da #Cultura e do #PAIdeSandiás, representado pola súa coordinadora, #CristinaPérezQuintas.
Unha iniciativa que pon en valor o traballo e os servizos que se desenvolven no noso concello e que contribúe a dar visibilidade a Sandiás no marco das Furgotecas de Galicia. 💚