CONCERTO MUSICAL NA TORRE DO CASTRO EN SANDIÁS

UNHA NOITE NA TORRE DO CASTRO CO GRUPO FOLK ABRIL: TRADICIÓN E MODERNIDADE CON SONS DE RAÍZ E FOLK CONTEMPORÁNEO

 

Este ano temos o gran privilexio de ter en concerto nun lugar incomparable ao carón da Torre Medieval do Castro (Concello de Sandiás) o espectáculo musical de Claudia Abril e Mariana Carpente do grupo vigués Abril no concerto de músicas galegas e ibéricas, onde se mestura tradición e modernidade con sons de raíz e folk contemporáneo.

Entrada gratuita.

Cando terá lugar? O Sábado, 9 de Agosto ás 21:00 horas.

Onde terá lugar? Ao carón da Torre do Castro no Concello de Sandiás.

 

Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran o grupo Abril que é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.

Claudia Abril é cantante, percusionista, violinista e arranxista. Estudia violín folk, canto e pandeireta na E-Trad de Vigo, e fórmase con Paco Charlín no Seminario Permanente de Jazz en Pontevedra. Claudia é cofundadora e vocalista do cuarteto DADGA. Colabora como cantante con Alfonso Franco en xiras internacionais. No 2019 é convidad por Alasdair Fraser como profesora de canto no fiddle camp na isla de Skye, Escocia. Actualmente participa como voz solista na ‘Galicia Fiddle Orquestra’ e do grupo folk Abril.

Marina Carpente é intérprete, arranxista e violinista de formación clásica, e amplía a súa carreira a músicas tradicionais e músicas modernas. Estuda violín folk na E-Trad de Vigo con Alfonso Franco. Recibe aulas e masterclass de fiddlers de renombre do panorama peninsular e internacional coma Begoña Riobó, Hanneke Cassel, Casey Driessen ou Katie McNelly. Cofundadora do cuarteto DADGA. Actualmente forma parte da ‘Orquestra Folk de GaliciaSonDeSeu’, da ‘Galicia Fiddle Orquestra’, e do grupo folk Abril.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?