CONTAR, BAILAR E PINTAR.DESCUBRINDO A RIQUEZA FROITEIRA DE GALICIA NO PAI DE SANDIÁS CON “MACEDONIA DE VERSOS”

O pasado 24 de Novembro entre as 11.00 h e 11.040 h no PAI de Sandiás a Furgoteca organizou unha fermosa actividade onde mestura literatura, baile e música.
Esta actividade entralazou música e lectura. Partindo da lectura do libro Macedonia de versos e acompañada dunha bailarina de ballet, as nenas e nenos do PAI de Sandiás poderon desfrutar dunha actividade cargada de arte. Escoitaron repetidas veces a canción que acompaña a lectura deste libro e, con papel continuo e cores variadas, “debuxaron” a froita desta poesía.
Macedonia de Versos é un libro de poesía infantil ao redor do mundo das froitas. Os e as lectoras poden ir descubrindo a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e unhas ilustracións evocadoras e moi divertidas.
Este libro ademais de lirico é informativo permite que as crianzas aprendan os nomes das froitas en galego.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?