A Vivenda Comunitaria Géminas vén de convocar unha charla informativa para dar a coñecer os seus servizos, e tamén os valores que conforman o proxecto e sobre os que se entende o seu modo de traballo.
Dita convocatoria é para a data do 18 de marzo do 2022, a las 19:00, na Casa da Cultura do Concello de Sandiás.
Géminas, é a semente dunha iniciativa social de carácter privado no rural, que nace coa vivenda comunitaria Géminas en Piñeira de Arcos (Sandiás- Ourense), e que desexa ofrecer unha atención integral e polivalente.
Abarcan as diferentes necesidades dos nosos maiores, apoiando e estimulando os aspectos da comunicación humana, a autoestima e a mellora das condicións de vida.
A misión da Vivenda Géminas é a atención e o cuidado das persoas, de xeito personalizado e integral. Estos coidados ofértanse de manera individual, respectuosa e garantizando un certo grao de autoxestión personal.
Procuran un envellecemento activo das persoas, reforzando a súa independencia e o máximo respecto a súa intimidade dentro dun espazo comunitario aberto.
O deseño e o concepto da Vivenda Géminas están basados nun deseño innovador, destacando a súa distribución funcional, a sensación de amplitude, a luz e a aposta polas enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
A localización da vivenda invita a disfrutar dun entorno natural, apacible e tranquilo que lles ofrece a posibilidad de reforzar os seus valores.