Cuarenta nenos e nenas do ceip carlos casares de xinzo de limia visitaron o centro de interpretación da lagoa e o humidal artificial “areeiras sandiás”

Acudiron preto de 40 nenos e meniñas de primaria moi interesados, curiosos e facendo moitas preguntas. Viñeron acompañados de tres educadores. A visita guiada do mércores, 24 de marzo foi intensa e tivo unha duración de cáseque tres horas. A visita guiada levouna a cabo no Centro de Interpretación Alex de los Ríos, guía especializado en historia con ampla experiencia didáctica e Pepe Gándara, coordinador da “Casa da Lagoa”, na visita guiada ás Areeiras da Limia no territorio que abrangue Sandiás despois dun pequeño almorzo na área recreativa de Sandiás ao carón da Casa de Cultura.

Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela. Todo iso a través da nosa exposición con pezas históricas, etnográficas, fotografías antigas, vídeos, paneis interactivos. Unha actividade da que non disfrutaron polo tempo foron os contos e lendas dramatizados sobre a Lagoa, en concreto o “nacemento da Lagoa” e a “princesa ra”. Na planta de arriba gozaron vendo a flora e a fauna e a flora e tamén tiveron un pouquiño de tempo para os xogos interactivos sobre os cantos dos páxaros, o panel interactivo sobre migracións e o xogo da ra.

 

A segunda parte da visita foi no humidal artificial das Areeiras de Sandiás. Captaron a diferencia entre unha laguna natural e unha artificial.  Viron as empresas e as máquinas industriais que traballan na explotación da area e dúas areeiras abandonadas e renaturalizadas nas súas beiras. Tamén traballaron as características das charcas e o seu proceso de renaturalización. Tiveron tamén un chisco de ollo co canal principal de desecación da Lagoa de Antela e observaron nos bordos das charcas o xunco chamado bión. Visitaron o observatorio 2 (casa dos terróns) e cunha guía de aves puideron identificar algunhas especies como o Cormorán, Lvanco Real e Mergullón cristado así como escoitar recomendacións para os principiantes que están aprendendo a observar aves.

 

Grazas pola visita de novo a Casa da Lagoa pois xa sabemos que non é a primeira que facedes. Todos gozamos moito, quedamos encantados coa visita e esperamos que volvades de novo para coñecer máis cousiñas con máis tranquilidade no verán e coa familia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.