Cuarta e quinta semana do Campamento Concilia 2021: xogos de auga e tradicionais, sendeirismo e lectura dramatizada do libro “A revolta da Lagoa”

Entre outras actividades, podemos destacar os Xogos de Auga para levar mellor as temperaturas tan elevadas destes días, os Xogos de Interpretación, xogos tradicionais (birlos, petanca, truco), xogos de cadeiras e limbo, xogos de mesa (Tivial,  Party&Co) e outros moitos.

Tamén se puxo a disposición dos cativos e cativas unha caixa de correos de mensaxes.

Por último visitouse a biblioteca e iniciouse a aventura sobre o recente libro publicado de Rafael Laso, A revolta da Lagoa, ambientado na desecada Lagoa de Antela. Esta actividade ten como finalidade a dramatización teatral, a sensibilización ambiental da nosa contorna próxima e motivar o gusto pola lectura. De momento, realízanse lectura dramatizadas en voz alta dos capítulos do libro e levou a cabo un taller de barro (concurso de esculturas de libro).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.