O pasado fin de semana do 28 e 29 de Marzo, no Concello de Entrimo, celebrouse o curso básico de formación no manexo de motoserras, organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a través do Servizo de Emerxencias en Ourense. Participaron distintos membros de agrupacións de toda Galicia e personal do Servicio de protección e defensa contra incendios (SPIF).
Na formación participou o noso membro da Agrupación de Protección Civil de Sandiás, Benito Quintas, quen adquiríu novas competencias prácticas para actuar con seguridade en situacións de emerxencias.
Queremos agradecer tamén ao Concello de Entrimo e a AVPC de Entrimo o excelente trato recibido, a súa hospitalidade e bo facer na organización do curso. Os cursos brindan tamén a oportunidade de contactar con outras Asociación de Voluntarios de Protección Civil e coñecer outros métodos e experiencias de traballo que resultan moi enriquecedoras.