Durante varias xeracións dúas familias de músicos de Piñeira de Arcos con alcumes que perduran no tempo, alegraron coa súa música a comarca da Limia: de xeito especial “ Os Gaiteiro” e a outra “Os Bombeiro”. A estos alcumes familiares hay que añadir outros compañeiros. Estamos a falar de Pepe Otero (caixa), José García ou tamén chamado Pepe Nanín (gaita), Juan da Chousela (gaita), Antonio Otero (gaita) e Benito Seara (bombo). Antonio Otero ademáis de tocar a Gaita era un virtuoso do acordeón. Todos se presentaban co seu uniforme habitual nas múltiples festas da Comarca da Limia (alberguería, A Uceira en Sandiás, Castelaos en Vilar de Santos, entroido de Laza, entre outras).
Pepe Nanín (canteiro) e Juan de A Chousela (labrador) eran nativos de Nanín. Pepe casou en Piñera de Arcos e Juan en A Chousela. José Otero Fernández (Pepe Otero) foi fillo de Manuel Otero o gaiteiro más vello pola zona e un irmán (Gil), tocou o requinto. A agrupación musical de Manuel Otero, pai, era coñecida como “Os do orneallo de Piñeira”. Pepe Otero contaba con ironía que no seu tempo había un exceso de percusión que non deixaba escoitar nada.
Según José Otero Fernández, a palabra “orneallo” e unha palabra galega antiga que designaba o instrumento musical da gaita. Naceu en 1923 e comezou a tocar a caixa con 14 anos e cobraba un peso por unha tarde de actuación. En 1966, ao voltar da emigración de Alemania, formou unha agrupación de gaiteiros: “Aires da Limia” de cinco compoñentes arriba citados. Participaron durante moitos anos no Entroido de Xinzo de Limia. Aprenderon as cancións escoitando discos dos Gaiteiros de Soutelo de Montes e doutros grupos.
A tradición gaiteira prolongouse a outra xeración ata o punto de que se chegou a crear temporalmente outro grupo denominado » Airiños da Limia».
Autor do texto: Pepe Gándara
Galicia é troula e a Gaita Galega un símbolo que agora lucirá no barrio de Mouturelos en Piñeira de Arcos. Comezarei dicindo que este é o mural máis especial ata a data. Foi un encargo familiar non cal o tema era libre. A inspiración a seguir eran “ As Pantallas”. Por parte de nai son da familia dos Gaiteiros de Piñeira de Arcos. Este alcume ven dado pola banda de gaitas “Aires da Limia” na que meu avó Pepe tocaba a caixa, e meu tío Antonio tocaba a gaita. Ían de troula en troula e de entroido en entroido faendo a festa. Sendo, entre outros, o Entroido de Laza parada obrigada.
Con esta obra quixemos rememorar ese anaco da nosa historia familiar. E coma non podía ser doutra maneira lucirá nun dous meus sitios favoritos, O barrio de Mouturelos. Concretamente no patio da casa de meus avós. Sitio onde me criei e só teño bos recordos, con tardes infinitas nas que xogaba co meu irmán a tirar penaltis e rompiamos as tellas da fachada na que agora están “Os Gaiteiros de Aires da Limia”.
Autor do texto: Roberto Otero de @iriaprol_estudio