📅 Sábado, 15 de agosto
🕘 21.00 h
📍 Praza de Dona Irene, ao carón da Casa da Cultura (Concello de Sandiás)
🎩 O magnífico espectáculo do Mago Teto chega a Sandiás!
❓ Como continuar o legado dun espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como Rock ‘n’ Magic? Non se pode. Só se pode elevar a experiencia creando un novo volume que pon o foco nas nosas músicas, no rock e na música galega que marcaron e marcan as nosas vidas. 🎶🎸
🔥 Galerock ‘n’ Magic é máis ca un show: é unha viaxe nostálxica e electrizante a través da historia sonora de Galicia. O espectáculo realiza un percorrido esencial, desde o vibrante rock do Xabarín Club que definiu unha xeración ata os grupos musicais actuais que están a situar a música galega no máis alto. Desde o rock galego dos 90 e do ligado ao bravú a grupos como Siniestro ou Los suaves ata os grupos de moda do momento. 🎶🤘
✨ Galerock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é unha experiencia única, grazas á música en directo e aos xogos de maxia máis sorprendentes e divertidos creados para a ocasión.
🎩 O Mago Teto une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive cos clásicos do rock galego. 🥁🎸✨
🎶 Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todos e todas. ❤️🎩🎸