DE ROCK “N” MAGIC A GALEROCK AND MAGIC EN SANDIÁS: UN ESPECTÁCULO DO MAGO TETO ONDE A MAXIA CONVIVIU CO ROCK DO XABARIN CLUB ATA O ROCK GALEGO MÁIS ACTUAL

Grazas ás preto de 100 persoas participantes, veciños e veciñas de Sandiás, da Comarca de Xinzo de Limia, provincia de Ourense e demáis lugares de Galicia. O espectáculo do Mago Teto tivo lugar o pasado Sábado, 15 de Agosto ás 21.00 h na praza de Dona Irene chea de xente compartindo un magnífico espectáculo.

Galerock ‘n’ Magic foi máis ca un show: foi unha viaxe nostálxica e electrizante a través da historia sonora de Galicia. O espectáculo realizou un percorrido esencial, desde o vibrante rock do Xabarín Club que definiu unha xeración ata os grupos musicais actuais que están a situar a música galega no máis alto. Desde o rock galego dos 90 e do ligado ao bravú a grupos como Siniestro ou Los suaves ata os grupos de moda do momento.

 Galerock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, resultou unha experiencia única, grazas á música en directo e aos xogos de maxia máis sorprendentes e divertidos creados para a ocasión. Como espectáculo de maxia e xogos combinados ofreceunos sempre mesturados coa música e gran implicación do público como se pode ver na mostra fotográfica e nos vídeos. Houbo mostra de aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas. Xogos de cartas, o nó da corda, adiviñación de números, xogos visuais para crianzas número da bóla, personaxes, aparición de moedas, xogo do dominó, xogos de albunes, socio busca socio, cartas de póker e data de aniversario, maxia con lanterna, luvas e cordas de luces, adivinación do cartel dunha festa e moitos máis.

 

O Mago Teto uniu o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia se mesturou cos clásicos do rock galeg. nunha gran posta en escena, a través dunha banda en directo, unha iluminación espectacular e unha gran experiencia teatral ligada a maxia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.