O Concello de Sandiás únese a Federación Galega de Municipios y Provincias (Fegamp) na conmemoración do Día das Letras Galegas este 17 de Maio de 2025 compartindo o recoñecemento público ás Cantareiras homenaxeadas, personificadas en Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda; Asunción Garrido, Prudencia Garrido e Manuela Lema, de Mens, e Eva Castiñeira, de Muxía.
O Concello de Sandiás celebra dedicarlle un Día das Letras Galegas á lírica popular, cunha clara influencia local, representando nas seis homenaxeadas a todas cantas mulleres, moitas delas con nomes coñecidos e outras aínda anónimas, cumpriron un papel principal na transmisión da lírica popular, de xoias poéticas extraordinarias e dun galego enxebre e saboroso.
Na conmemoración do Día das Letras Galegas, salientamos que un dos seus obxectivos é promover a cultura e a lingua galegas no marco das competencias que o ordenamento xurídico lles atribúe ás corporacións locais de Galicia. Polo tanto, ainda hoxe, os esforzos deben centrarse en aumentar o número de galego-falantes potenciando a presencia do galego nas novas canles derivadas do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Por mil primaveras máis para o galego, o Concello de Sandiás sempre estará coas Letras Galegas.