Dende Rosalía ata as cantareiras de hoxe: o Concello de Sandiás presenta a súa programación con nove actos de eloxio á oralidade popular mesturando obradoiros, exposicións e concerto musical

O sábado 17 de maio, o Concello de Sandiás inaugurará las redes sociais os múltiples actos preparados co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás creadoras e transmisoras da poesía popular oral cun cartaz acompañado dunha declaración institucional da Fegamp que foi aprobada na súa última reunión e que se extenderán ao longo do mes de maio, xuño e agosto. O concello celebra que a Real Academia Galega acordase dedicar o Día das Letras ás cantareiras, personificándoo nos nomes de seis delas e aproveita tamén para adicar este tempo sinalado aos xéneros orais en especial aos narrativos (lendas, contos, memoria toponímica dos lugares, xeografía mítica da Lagoa de Antela), a oralidade poética e musicada (poemas musicados e música de raíz tradicional galega (concerto).

De esquerda a dereita a concelleira de Medio Ambiente María José Manso, concelleiro de cultura. Turismo e patrimonio Pepe Gándara, alcalde, Felipe Traveso e concelleira de política social Pilar Cabrera.

Una programación con nove actividades de eloxio a oralidade a través da escoita, da recitación, de contar e cantar. Neste sentido, Galiza conta cun xeito único de narrar que recoñecemos en calquera lugar onde se conte ou cante unha historia. As primeiras actividades serán varios obradoiros. O primeiro “As cantareiras e os instrumentos tradicionais” levarase a cabo no PAI de Sandiás para os máis cativos pondo a disposición instrumentos tradicionais para manipulalos e tocalos. O segundo obradoiro “Educación vocal, recollida de música popular e cantigas populares” será para todos os públicos na Casa de Cultura de Sandiás o 17 de Maio. Está organizado pola Furgoteca e traballarase a educación vocal e as cantigas populares. O terceiro obradoiro “De Rosalía ata as cantareiras. As mulleres nas letras” da fábrica A Xanela do Maxin terá lugar o 20 de maio no PAI e no CEIP de Sandiás. Nel combinase narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías.  O cuarto obradoiro “Mulleres, ritmo e tradición” de Sabela Olivares vén organizado da man da Rede de Dinamización Lingüística.

O concello tamén quixo aproveitar para traballar os xéneros orais narrativos en torno a oralidade fantástica e a memoria oral dos lugares. A través das Visitas guiadas a Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela na primaveira e no verán trataráse coas lendas e contos da Lagoa de Antela, a sua xeografía mitica, co folckore recollido en Sandiás por Urbano Santana e coa recuperación da memorial oral dos lugares (a microtoponímia) ou tamén chamados na nosa zona “chamadoiros”. Axudarán nesta tarefa as Xornadas de Toponímia en Sandiás a cargo de Vicente Feijoo que coordina o programa Toponimízate a través da plataforma Galicia Nomeada e nas que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística  en colaboración coa Real Academia Galega.

Por último, a oralidade poética e musicada limiá contará coa exposición da escritora e pintora Rochi Nóvoa de Sobradelo (Xunqueria de Ambía) que se inaugurará o 21 de Xuño, sábado na casa da Cultura de Sandiás. A exposición compartida co artista plástico Xosé Eladio terá un fermoso complemento cun recital poético-musical.

O patrimonio oral musicado completase no mes de agosto co concerto de música de raíz na maravillosa paisaxe da Torre do Castro por parte do grupo “Abril Trio”.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?