Descubrindo o encanto de Sandiás! Lecer saudable co CDR O VISO e o Concello de Sandiás en familia

O pasado sábado 16 de marzo pola tarde tivo lugar a actividadeEn comunidade: coñecendo o patrimonio de Sandiásorganizada polo CDR O VISO en colaboración co Concello de Sandiás.

Preto dun medio centenar de persoas de Boado, Portoalto, Sandiás, Xinzo, Laroá, Fiestras, Nocedo de Ribeira, Lodoselo, Sarreaus… con idades comprendidas entre un ano e os setenta xuntáronse para camiñar e descubrir outros recuncho fermosos da nosa comarca da Limia. Fíxose un roteiro guiado polos veciños de Sandiás Pepe e Pilar polo patrimonio medieval da zona visitando o “camiño dos cabaleiros” e a Torre do Castro non contexto das vistas da Lagoa de Antela dende o magnífico miradoiro e o forno comunal do Castro que todavía conserva a primixenia cámara de cocción de planta circular rematada en cúpula. De seguido, trasladámonos despois á época medieval coa fidalguía rural visitando o “Pazo do Telleiro” e o “Pombar” recorrendo as historias da adega do pazo, o salón de verán, contemplando a magnífica heráldica da fachada, a fonte do “mergullo” e escoitando historias de armas, roubos, asaltos e refuxiados. Estes intinerarios  encádranse no programa COÑECER, SENTIR E VIVIR SANDIÁS EN CINCO ROTEIROS proposto pola Concellería de Cultura.

As meniñas e nenos que acompañan en familia viven o camiño con alegría observando, explorando, parando centos de veces atraídos polo que lles ofrece o monte, as leiras e os prados: apañaron follas, pedras, espigas aínda verde do cereal, xogaron entre os muros e os penedos da torre e exploraron os pasadizos do Telleyro. As persoas adultas contemplaron a riqueza paisaxística e o patrimonio cultural que temos ó pé da casa, e reflexionaron sobre a necesidade de facer, de recuperar, de manter vivo isto que tanto esforzo lle custou ós nosos devanceiros.

 Precisamente o magnífico desta iniciativa do Cdr Ou Viso é que mextura a experiencia interxeracional de persoas de distintas idades que contribúe ao envellecemento activo e constitúe unha ferramenta esencial para potenciar as capacidades sociais da persoa maior, dos nenos desenvolta nun medio de aprendizaxe aberta como é o natural e social.  Canto gañariamos se as escolas se mergullasen nestes contornos marabillosos que nos rodean!  O que fai especiais estes encontros é o feito de irmos sen máis expectativas que gozar do camiño, escoitar historias e memorias e tomar contacto co patrimonio dos nosos devanceiros.

A actividade organizada polo Cdr O Viso está enmarcada non programa O Noso Espazo, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Pretende poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico… e, sobre todo, o patrimonio humano.

 

 

Desexándo vernos pronto noutra xeira interxeracional, damos a grazas ao Cdr O Viso e os veciñ@ dos distintos pobos por contar co territorio e as xentes de Sandiás. Moitas grazas.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?