Descubrindo os segredos dos gofres e galletas de Pascua co Obradoiro de Reposteria no PAI de Sandiás

O pasado venres 11 de abril foi un día moi especial para os máis cativos da “casa” xa que se celebrou no Punto de Atención Infantil (PAI) de Sandiás un Obradoiro  de Reposteria, coa colaboración de Ana, mestra reposteira do Restaurante Novaiño, que trouxo dúas receitas e quixo amosarnos os segredos dos gofres e galletas de Pascua. Ambas as receitas foron elaboradas de maneira saudable.

Gofres:

  • Plátano
  • Fariña de avea
  • Ovo

Galletas:

  • Fariña de millo
  • Ovo
  • Margarina

 

Para cociñar as galletas botaron unha man Miguel, o cociñeiro e Gabriela, directora do CEIP de Sandiás.  Os nenos e as meniñas pasárono moi ben preparando a mestura cos ingredientes, amasando e logo facéndolle con imaxinación formas ás galletas (coelliños, ovos, cenouras…).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.