Hai sinais que non sempre se ven, pero aprender a identificalos pode cambiar vidas 💜
A prevención da violencia de xénero comeza moito antes de que aparezan as agresións máis visibles. Saber detectar actitudes de control, manipulación ou violencia psicolóxica é unha ferramenta fundamental para actuar a tempo.
No Programa Rosalía queremos ofrecer un espazo de reflexión, aprendizaxe e diálogo no que descubrir como recoñecer esas situacións e como contribuír a construír relacións máis libres, igualitarias e respectuosas.
📅 8 de xullo
🕡 18:30 horas
📍 Casa da Cultura de Sandiás
Un encontro aberto a toda a veciñanza, porque a prevención é unha responsabilidade compartida.
💜 Participa. Informarse tamén é unha forma de coidar e protexer.