Día Internacional da Muller en Sandiás: Faladoiro entre veciñas

O Concello de Sandiás convida a todas as veciñas a participar nun encontro especial con motivo do Día Internacional da Muller. O vindeiro xoves 6 de marzo, ás 18:00h, celebrarase un faladoiro no Local Social do Concello de Sandiás, un espazo de conversa e reflexión sobre o noso rural, pensado para compartir experiencias e ideas.

Durante a xornada:

  • Mediremos a tensión arterial para quen queira.
  • Conversaremos sobre o futuro do noso rural e recolleremos propostas para apoialo.
  • Compartiremos un café ou chocolate nun ambiente acolledor.
  • Todas as participantes recibirán un agasallo especial. 

O obxectivo deste encontro é crear un espazo de diálogo, participación e apoio mutuo entre as mulleres da nosa comunidade.

📅 Data: Xoves 6 de marzo
Hora: A partir das 18:00h
📍 Lugar: Local Social do Concello de Sandiás

Anímate a participar! 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.