Día Internacional da Muller no Concello de Sandiás 💜

O Concello de Sandiás conmemora o Día Internacional da Muller cun programa de actividades que poñen en valor a loita pola igualdade e o papel fundamental das mulleres na sociedade.

Presentación do libro «Mulleres Ilustradas da Limia»
O 7 de marzo ás 20:00h na Casa da Cultura, presentarase este proxecto do CEIP Rosalía de Castro en colaboración co CDR O Viso. Unha iniciativa que visibiliza figuras femininas inspiradoras da nosa contorna.

Participación no II Encontro de Alcaldesas e Concelleiras da FEGAMP
A concelleira de Xustiza e Participación de Sandiás, Mª Pilar Cabrera Gómez, participará no encontro co relatorio «A mocidade, forza motriz da igualdade», destacando boas prácticas para construír un futuro máis xusto.

Faladoiro: un espazo para compartir e sumar voces
O 6 de marzo ás 18:00h no Local Social do Concello, as mulleres do rural terán a oportunidade de reunirse para compartir experiencias, lembranzas e inquietudes, promovendo o apoio mutuo e a participación activa. Haberá tamén medición de indicadores de saúde, chocolatada e un agasallo sorpresa.

Actividades en marzo
Durante todo o mes, Sandiás continúa co compromiso pola igualdade con dúas propostas moi especiais:

  • «Un mundo cheo de estrelas» no Punto de Atención Infantil (PAI).
  • «Mulleres na Historia», organizada polo CDR O Viso no CEIP de Sandiás.

A igualdade constrúese día a día, súmate e participa!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?