Día Mundial dos Humidais 2025 no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

O vindeiro 1 de febreiro, o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, acollerá unha xornada especial para conmemorar o Día Mundial dos Humidais 2025. O evento, organizado por SEO/BirdLife, contará coa participación da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), e terá como eixo central a Lagoa de Antela, considerada un humidal esquecido tras ser desecada a mediados do século XX.

Durante a xornada, presentarase o informe de SEO/BirdLife sobre a situación actual dos humidais en España e afondarase na historia e futuro da Lagoa de Antela. Ademais, trataranse os valores ornitolóxicos da Limia e os modelos de recuperación destas zonas.

A programación incluirá tamén unha saída de campo para visitar os humidais da Limia, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza ambiental desta contorna. Para facilitar o desprazamento, disporase dun microbús ata cubrir as prazas.

👉 Data: 1 de febreiro de 2025
📍 Lugar: Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, Sandiás
🕥 Hora: 10:30 h

Co apoio do Concello de Sandiás, esta xornada busca pór en valor o patrimonio natural e sensibilizar sobre a importancia da conservación dos humidais.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?