Doazón do Museo Arqueolóxico de Ourense ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

A «Biblioteca da Lagoa» do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela do Concello de Sandiás, recibe como doazón por parte do #musarqourense 20 libros que conteñen relevantes artigos de #investigación sobre a Lagoa de Antela.

Con eles podemos aproximarnos a estudosos como #CondeValvís, #TaboadaChivite, #FlorentinoCuevillas, #MarceloMacias, #FerroCouselo, a especialista en arquivos #OlgaGallego, o antropólogo #ManuelMandianes, #VegaPato, #ElixioRivas, #YolandaBarriocanal e outr@s que fixeron importantes achegas ao coñecemento da Lagoa de Antela e a súa contorna.

Estes estudos estarán dispoñibles para todas aquelas persoas que queiran indagar nos diferentes aspectos da Lagoa de Antela e do patrimonio da súa contorna. Da mesma maneira contribuirán a #enriquecer o #discursodidáctico das visitas guiadas que se realizan á exposición permanente sobre a Lagoa de Antela.

Agradecemos a #doazón ao museo, unha mostra de xenerosidade e do servizo en favor dá #potenciación dos #recursos do mundo rural.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.