Pais, nais e nen@s da asociación “Porquemepeta” adicada as crianzas galego falantes visitaron a exposición dos Cadernos do Limia e a fermosa sala de exposición pero principalmente o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela este domingo 14 de Xaneiro mentras mozos e mozas participaban nun obradoiro de regueifa e rap na Arca da Noe en Vilar de Santos
A visita guiada na #CasadaLagoa foi intensa e tivo unha duración de preto de dúas horas. Foi levada a cabo polo guía turístico, historiador e con moita experiencia nos coñecementos e na súa didáctica, Alex de los Ríos. Adaptouse o discurso museográfico en torno ao eixo da xeografía. Tras o visionado de tres cursos audiovisuais como contexto, pasouse revista na primera parte da visita a #xeografíafísica e humana de lagoa expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe (formas do relevo, sistema hídrico) e os factores antrópicos (os palafitos lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do home no medio dende a pre-romana ata a modernidade. Como complemento, levouse a cabo un acercamento a #cartografía da lagoa en relación coas súas dimensións e toponimia e analizouse o caso de intervención máis agresiva na paisaxe: o proceso de desecamento franquista e a concentración parcelaria.
Posteriormente fíxose referencia a #Xeografíamítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. As familias escoitaron diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía, a princesa rá, a orixe da lagoa, as referencias a Inés de Castro e o papel do Bruión, entre outras.
Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa, por último tratamos aspectos de #Xeografíacutural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona así como tamén exemplificacións de alcumes extraídos do Folckore de Sandiás de Urbano Santana.
A segunda parte adicouse o patrimonio das Areeiras de Sandiás xa que polo tempo non se pudo visitar “in situ”. Falouse do Observatorio de aves 1 (reproducción dun Palafito lacustre) e o Observatorio de aves 2 (Casa dos Terróns, exemplo de arquitectura tradicional sustentabel en terra) e explicáronse con detalle os palafitos e as casas de terróns como patrimonio etnográfico así como algún proxecto de rehabilitación en relación coa Anduriña Brava nunha das areeiras.
Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga” nas Areeiras de Sandiás, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.
Moi satisfeitos quedamos na «#CasadaLagoa» e #grazas pola vosa visita e interese. Esperamos que repitades para observar con máis detemento toda a zona das Areeiras de Sandiás, o seu patrimonio e o goce de observar multitude de aves